Laiouse Toni Cantó no parlamento español de que en Galiza desaparecera o castelán. Quixo subliñar a súa afirmación rematando: “Y eso nadie lo puede negar”.

Así de rotundo o soltou para nos deixar estupefactos. E que lle fas? Non lle imos peghar cun sacho! Tal e como están as cousas, é mellor recorrermos á retranca.

Así que, emulando a Mayra Gómez Kemp, formulei en Facebook e Twitter a seguinte pregunta, que foi contestada de xeito xenial por un lote de xente. Deixo aquí as respostas, porque mellor rir que andar a sachazos cos ignorantes!

mayra
Mayra Gómez Kemp acompañada de dous dos referentes intelectuais de Ciudadanos.

-Por 65 pesetas: cosas que han desaparecido en Galicia. Por ejemplo, el castellano. Un, dos, tres, responda otra vez.

-El castellano

-El eucalipto

-El trabajo precario

-A violencia machista

-As extorsións

-A empresa privada que paga en nómina B

-Os votantes do PP

-A velutina

-O PP

-As peaxes

-A ignorancia

-La farlopa

-Os tontos do cu

-Franco

-Luar

-El respeto a los profesores a los médicos a los mayores

-Las explotaciones unifamiliares 1 cerdo y 1 vaca

-El Superdepor

-Os caciques… con cola

-El café con leche

-El feísmo urbanístico

-Os rumorosos

-Os marcos

-O plumacho da pampa

-El peaje de la AP-9

-El buen cheiro de Ence

-Los emigrantes

-A manipulación informativa

-O touciño

-Feijoo

-O rexeitamento da cultura propia

-A resignación

-O sometemento

-O avellentamento da poboacion

-Galicia Bilingüe

-As malas conexións en transporte público

-O enchufismo

-Los helechos

-Las carrachas

-Sanjenjo

-Los incendios

-El caciquismo

TOLÓN TOLÓN TOLÓN!

¡Campana y se acabó! La respuesta se va a pique si repites los caciques!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed