Último libro publicado

Criaturiña

Ulises, un neno que adora a rutina e soña cunha vida tranquila, recibe un estraño ovo da súa tía Artemisa. Por outra parte, o Efebeí aspira a ser o mellor policía da vila, aínda que as súas misións sempre acaban en desastre total. Cando, na Noiteboa, do ovo sae unha criaturiña tan doce como perigosa, todo se complica. Unha aventura trepidante para rir a esgalla.

Criaturiña

Últimas publicacións

ASKJA

O bestiario científico de Anxos Nogueirosa

Mica, Cuarzo e Feldespato

Como escorrentar a un lobo

SOBRE MIN

Biografía

Nacín baixo a sombra do castelo de Andrade, que se ergue en Nogueirosa, sobre un outeiro. De neno comecei a procura do túnel que seica conecta ese castelo co de Pontedeume, e dalgún xeito aínda o fago cando imaxino historias.

Vivín en varios lugares ata acabar no barrio coruñés de Monte Alto. Dediqueime, entre outras cousas, a dar clases de matemáticas, estudar enxeñaría, adoptar un gato, construír parques eólicos, ver películas de Miyazaki e escribir como forma eficaz de vivir outras vidas. Publiquei unha chea de libros, algúns dos cales gañaron premios, foron traducidos a outros idiomas e escollidos para prestixiosos catálogos como The White Ravens ou a Lista de Honra IBBY.

Gústanme a voz de Lana del Rey, os New York Knicks e as comidas familiares no Lugar do Sapo.

PONTE EN CONTACTO COMIGO

Tes algunha pregunta? queres contar comigo para algún evento ou feira? Non dubides en contactarme e estarei encantado de axudarte!