Querido H.P. Lovecraft

Querido H.P. Lovecraft: Cando leas estas liñas eu non estarei xa no mundo dos vivos…

Con estas palabras comeza a carta que Robert E. Howard lle envía ao seu amigo e mentor. Nun delirante escrito, o fantasista texano narra o seu progresivo descenso cara ao inferno da loucura e a desesperación, iniciado coa visita a unha antiga tumba india no interior dunha cova.

A partir dese fatídico día, Howard comeza a sentirse acosado polas sombras propias e alleas, nunha desacougante mestura de soño e realidade. A escrita, os amigos, a relación coa súa moza, a saúde da nai… cada aresta da súa vida semella afectada polo miasma malsán no que devagar se vai mergullando.

Sen saída, totalmente acurralado polo celme dos seus medos, Howard debe procurar unha solución, unha fuxida, un sacrificio.

ISBN
978-84-15699-83-5
Editorial
Urco Editora
Colección
Alcaián
Nº de páxinas
151
Idioma
Galego
Tamaño
130×210 mm

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed