1933. Aos seus trece anos, Suso é obrigado a pasar o verán nas colonias do Sanatorio Marítimo de Oza por mor da súa mala saúde. No traxecto en tren cara ao destino, chega ás súas mans un caderno cun misterioso título na cuberta: “Liber bestiarium scientificus”. Cando Suso decide mergullarse nas súas páxinas, lonxe está de saber que ese intre marcará un verán cheo de aventuras na Compaña de Tila, unha rapaza das colonias coa que acabará forxando unha bonita amizade.
ISBN
978-84-1110-612-2
Publicación
13 de febreiro de 2025
Editorial
Xerais
Nº de páxinas
208
Idioma
Galego
Tamaño
130×200 mm