Último libro publicado

Mica, Cuarzo e Feldespato

Que agradable é ser unha rata de vertedoiro!

Agás se unha bandada de gaivotas decide roubar a comida que cada serán trae un camión desde o supermercado. Isto é o que lles acontece ás ratas desta historia que, desesperadas, deciden pedirlle axuda a Mica, Cuarzo e Feldespato, tres gatos que viven na canteira próxima ao vertedoiro. Gatos e ratas unen as súas forzas para defenderse das gaivotas, pero necesitarán a axuda doutras criaturas. Atréveste a ser unha delas?

Mica Cuarzo e Feldespato

Últimas publicacións

Como escorrentar a un lobo

Ningunha estrela levará o meu nome

Papá caníbal

Santoamaro

SOBRE MIN

Biografía

Nacín baixo a sombra do castelo de Andrade, que se ergue en Nogueirosa, sobre un outeiro. De neno comecei a procura do túnel que seica conecta ese castelo co de Pontedeume, e dalgún xeito aínda o fago cando imaxino historias.

Vivín en varios lugares ata acabar no barrio coruñés de Monte Alto. Dediqueime, entre outras cousas, a dar clases de matemáticas, estudar enxeñaría, adoptar un gato, construír parques eólicos, ver películas de Miyazaki e escribir como forma eficaz de vivir outras vidas. Publiquei unha chea de libros, algúns dos cales gañaron premios, foron traducidos a outros idiomas e escollidos para prestixiosos catálogos como The White Ravens ou a Lista de Honra IBBY.

Gústanme a voz de Regina Spektor, os New York Knicks e as comidas familiares no Lugar do Sapo.

PONTE EN CONTACTO COMIGO

Tes algunha pregunta? queres contar comigo para algún evento ou feira? Non dubides en contactarme e estarei encantado de axudarte!