Dez temas para o 2023

Chegamos ao final de 2023 e agroman coma cogomelos no outono os “rankings de movidas”, enumeracións ordenadas do que máis nos gustou ao longo do ano. Eu tamén caio nesta trampa. É un bo xeito de recapitular. Este ano elaborei unha lista de cancións nacidas en 2023 ordenadas do 10 ao 1. Non son os mellores temas do ano, vaia isto por diante, senón –simplemente –as que máis escoitei porque chamaron a miña atención por unha razón ou outra. Comezamos!

Este son eu escoitando música pola rúa da Torre. Versión manga.

10) Pecha esta lista La Espectadora, de Triángulo de Amor Bizarro. Desde o seu debut en 2007, os galegos construíron unha das carreiras máis sólidas da historia da música alternativa no Estado. La Espectadora é unha boa canción (iso si, talvez lonxe das mellores da banda). Estrutúrase nunha boa progresión e conta cunha guitarra cargada de efectos que asolaga en ondas a mestura.

https://youtu.be/SeWsCRAzEis?si=If2AlnS6Z2bnLKAD

9) O número 9 é para o trío italiano Baustelle, que en xaneiro deste ano publicaron o sinxelo Contra il mondo. A canción marcou o regreso da banda á escena despois duns catro anos dedicados a proxectos paralelos. Tamén precedeu ao lanzamento do noveno álbum de estudio da banda, titulado Elvis, lanzado o 14 de abril deste mesmo ano.

https://youtu.be/xLqSzlb_Z1k?si=0XEPIpzj6W_VZbmu

8) Tócalle agora a Punheta!, a colaboración entre Mondra e Fillas de Cassandra. Punheta! serviu de adianto para o primeiro LP de Mondra, ARDĒN, que viu a luz en setembro deste ano. Mondra é o proxecto persoal do teense Martín Mondragón, no que combina a música tradicional coa electrónica.

https://youtu.be/smWBWlje7ss?si=5p8EnG-XqlOcLHUh

7) O número 7 é para _La canción que no vas a hacer hoy_, de _juno, a frutífera alianza entre Zahara e Martí Perarnau IV iniciada coa canción Hoy la bestia cena en casa que este ano cristalizou de novo en _BCN747, un disco intimista de pop electrónico. Este disco foi gravado sen présas nin horarios no estudo La Casamurada, unha masía fortificada do século XIII.

https://youtu.be/guh5_uIQvU0?si=a7XWQgdlaYLbn2ip

6) O pasado verán, Beck e mais Phoenix agasalláronnos cunha colaboración chamada Odyssey. O single composto, producido e interpretado polo músico californiano e a banda francesa, entrelaza as voces de Beck e Thomas Mars, cunha melodía chea de baixos, guitarras funk e sintetizadores.

https://youtu.be/ST2xpWRPh-U?si=tj4kRHLraz-EIP_Z

5) En outubro, co Globo de Ouro á Mellor intérprete aínda fresco na man, A Garota Não ofreceunos unha nova canción-bandeira na forma de protesta e manifesto: 422. O número do título corresponde aos extraordinarios beneficios obtidos pola compañía Galp no primeiro semestre de 2023.

https://youtu.be/19acc5RyKR0?si=Dhj-A-quMJZXc6NL

4) Posto 4 para un dos encontros do ano, o de Björk con Rosalía. Oral foi considerado orixinalmente “demasiado pop” para álbums como Homogenic ou Vespertine, rexurdindo este ano como unha poderosa colaboración que aborda as complexidades do namoramento e a incerteza que o envolve.

https://youtu.be/8jsi2Tgvx6A?si=R4bMHk1TkE6_MpkQ

3) Dubidei que canción de Manual de Romería, o fenomenal último álbum de Rodrigo Cuevas, meter nesta lista. Finalmente, optei por un tema do disco de Eduardo Cabra, Martínez, no que colabora o artista asturiano. Tiro pa´lante é un pepinazo con produción espectacular que nos fala sobre as vicisitudes da vida.

https://youtu.be/HtJ5kw-z5jg?si=MYdSSgJTeBbfnXOv

2) Grande Amore entra con Onde ela me quer levar. O tema saíu como terceiro adianto do novo disco, II, tras Pelea e Do Meu Corpo Van Nacer Outros Corpos. Sentimental e apaixonada, a canción é a única “pista romántica” do álbum. Así que preparádesvos para lle mandar un agharrado.

https://youtu.be/ku1AWH0XCbc?si=QZKJiJXIBmLl-YcJ

1) Tiña claro que Lana del Rey debía estar no número 1, mais non que canción escoller dentro do prodixioso Did you know that there’s a tunnel under Ocean Blvd, o seu disco de 2023. Tras moitas voltas fiquei coa turbadora A&W, que reflexiona –como non! –sobre carencias emocionais e problemas familiares. Con todas estas vísceras, non sorprende que sexa a canción favorita do co-produtor Jack Antonoff de todo o que fixo xunto a esta artista.

https://youtu.be/pYqky795R1s?si=hu12LDM13cL0ItOT

Bonus track:

Foron moitas as cancións deste ano que, encantándome, ficaron fóra deste ranking. Entre elas: I don´t Know What You See In Me de Belle and Sebastian, Flowers de Miley Cyrus, La humanidad y la tierra, de Iván Ferreiro con Tanxugueiras, No quiero ser un cantante, de Sen Senra, Conmigo de Cala Vento, The Feels de Labrinth, Rock´n´Roll de The Cat Empire, Baggio de Miles Kane, Solo vine a decirte de Escorzo, O día que volvín nacer de Carlangas con Grande Amore, The Narcissist de Blur, Los Perros de Arde Bogotá, Canijo de Judeline, Diamante Roto de El Mató a un Policia Motorizado, Elevarte Caer de Xoel López, Evicted de Wilco, steak tar tar de shego, Ella tiene de Nathy Peluso, Conceited de Lola Young, Hibiki de Bad Bunny, Mode avió de Maio e Dos días contigo de Apartamentos Acapulco.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed