Campion e a presión total

Dicía o físico inglés John Dalton que a presión dunha mestura de gases é igual á suma das presións parciais que exercería cada un deles se só un ocupase todo o volume da mestura. Son distintos gases os que Jane Campion mete no recipiente de The Power of the Dog e cada un aporta a súa presión parcial para que o artefacto cinematográfico percuta coma un batán na túa retina.

Jean Campion, así de desfrutona na súa chegada ao Festival de Venecia.

O primeiro é o puramente estético e sensorial, marca da casa, filmando con mestría eses escenarios de Montana, enmarcados pola música de Jonny Greenwood (si, o de Radiohead) sobre os que Kirsten Dunst, Benedict Cumberbatch, Jesse Plemons e un soberbio Kodi Smit-McPhee desenvolven uns personaxes que, en moitos casos, evolucionan desde os estereotipos para despois crebalos a machetadas.

Campion e a presión total
Amodo, ho! Que aínda estou aprendendo.

Hai no filme unha intención de se apropiar do paradigma estético do western para, a partir del, executar unha disección das masculinidades. A de Phil, ruda e nostálxica; a de George, ausente e xentil; a de Peter, feble en aparencia, mais sólida coma a montaña que serve de pano de fondo para esta historia.

Non aparece unha soa arma en toda a metraxe. Porén, a violencia asolaga cada un dos seus fotogramas, outra das presións parciais maxistralmente introducidas por Campion.

Encontramos tamén na fita unha ringleira de miolos de pan que nos conducen cara a un final tan sorprendente coma lóxico. Peter, en cada unha das súas frases, desvélanos cara a onde camiñamos e obríganos a prestar a atención necesaria para sermos cómplices do seu propósito.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed