Nesta páxina coñecerás máis sobre a miña biografía e traxectoria. Descubre o meu camiño como escritor e os fitos máis importantes da miña carreira literaria.
Biografía
Antonio M. Fraga é un escritor galego nado en Pontedeume en 1976.
Estudou Enxeñaría Técnica Industrial en Ferrol, mais a vida teimaría por levalo cara ao eido das letras.
Xa asentado no coruñés barrio de Monte Alto, en 2013 gaña o Premio Merlín de Literatura Infantil coa obra O Castañeiro de Abril (Xerais).
Posteriormente publica outros títulos dirixidos ao lectorado infantil e xuvenil, tales como O capitán Maimiño (Tambre-Edelvives), Papá caníbal (Xerais), Ningunha estrela levará o meu nome (Oqueleo), Como escorrentar un lobo (Cuarto de Inverno) ou Mica, Cuarzo e Feldespato (Triqueta Editora).
En 2015 gaña o I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica coa novela Querido H.P. Lovecraft (Urco Editora), obra pola que consegue tamén o Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria en 2017.
En 2018 gaña o I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, convocado polo Concello de Pontevedra, con O bestiario científico de Anxos Nogueirosa (Xerais), acadando con esta mesma obra o Premio da Gala do Libro 2019 á mellor obra xuvenil. En 2022 foi incluída da Lista de Honra IBBY do ano 2022.
No ano 2020 gaña o XII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, convocado por Edicións Xerais de Galicia, coa obra santoamaro, novela seleccionada na lista White Ravens de 2021 elaborada pola Internationale Jugendbibliothek de Múnic e que tamén foi distinguida co Premio Follas Novas do Libro Galego ao Mellor Libro Xuvenil do ano 2021.
Algúns dos seus títulos foron traducidos a idiomas como castelán, inglés, catalán ou eúscaro.
Os meus premios
- Premio Merlín de Literatura Infantil 2013 por O castiñeiro de abril.
- Premio Antón Risco de Literatura Fantástica 2015 por Querido H.P. Lovecraft.
- Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria 2017 por Querido H.P. Lovecraft.
- Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil 2018 por O bestiario científico de Anxos Nogueirosa.
- Premio da Gala do Libro a mellor obra xuvenil 2019 por O bestiario científico de Anxos Nogueirosa.
- Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2020 por santoamaro.
- Premio Follas Novas ao Mellor Libro Xuvenil 2021 por santoamaro.
Tes algunha pregunta? queres contar comigo para algún evento ou feira? Non dudes en contactarme e estarei encantado de axudarte!