Camiñaba polas rúas de San Juan de Puerto Rico coas medias rachadas, unha saia curta e unha vella toalla coa que envolvía o cabelo. Chamábase Alexa: muller trans, pobre e negra.
Vivía na rúa e tiña 28 anos.
Na tarde do domingo, o seu nome e as súas fotos fixéronse virais nas rrss da illa despois de que avisasen a policía porque entrou no baño de mulleres dun McDonald’s.
Algunhas persoas que alí estaban, en vez de asumir que era unha muller transexual, denunciaron que había un home disfrazado de muller no baño e que representaba un risco. Isto provocou que se disparase a discriminación. Durante todo o día percorreron as redes sociais unha foto de Alexa no restaurante e un chamado a actuar na súa contra.
Á mañá seguinte Alexa apareceu morta nun descampado, cribada a balazos.
A indignación por este crime de odio asolagou Puerto Rico. O propio Bad Bunny actuou a pasada noite no programa de Jimmy Fallon lucindo unha camiseta que rezaba:
«Mataron a Alexa, no a un hombre con falda».